Rutas km0 A Compostela


Abadín-Vilalba
-Camiño da Costa-


Entre Abadín e Vilalba distan 22 km. e a un paso normal todo peregrino pode facer esta ruta en pouco menos de cinco horas. Este tramo está caracterizado por ser prácticamente chao, en cotas que van dos 500 m. ao comezo e 487m ao remate; por discurrir maioritariamente por camiños de terra que serpentean coa actual N-634, e pola abundancia de cruceiros e pontes ao longo de todo o traxecto.

Nada máis abandoar a poboación de Abadín sorprende a fachada da igrexa de Santa María, de orixe medieval pero reconstruida na súa maior parte no século XVI, en cuio exterior se conserva un magnífico e esbelto cruceiro. Sendeiro abaixo cruzaremos o río Abadín e inmediatamente topámonos con Os Castros, Regueira e Rigueira. En desprazamento por camiños prácticamente en chao, a ponte medieval do río Portela e o molino próximo conducirán a San Juan de Castromaior e Barral, no límite co concello de Vilalba, demarcación onde o camiño se introduce a partir de Fiestas, emprazamento cuia morfología geográfica presenta en época de choivas superficies inundadas.

No chamado Alto de Martiñán, lugar onde se ubica un novo cruceiro e onde nos comezamos a marcha, cruzaremos con moita precaución a N-634, e case sen solución de continuidade surxe ante nos unha formidable ponte medieval de tres arcos sobre o río Batán denominado "A Ponte Vella", a cal nos dirixe, tras sortear a C-65, a Chouzas, caserío que antecede a un tramo do camiño sobre un novo humidal. Pouco máis alá, á nosa esquerda deixamos outro característico cruceiro que nos aproxima a Outeiro e Casas do Campo, con curioso lavadeiro de pedra.

Uns cincocentos metros máis adiante, dous novos cruceiros marcan o camiño que nos introduce en Goiríz, lugar de destino do noso deambular e desde onde o transporte nos acercará á torre do Castelo dos Andrade, en Vilalba, onde nos explicarán a súa importancia histórica.

Pola súa parte a ruta continúa a través do coñecido como "Barrio do Cristo" e desde alí ata chegar ao borde a N-634, onde, unha vez máis, podemos admirar outro portentoso cruceiro con varias imaxes de fermosa factura. Coas debidas precaucións, atravesase a transitada carretera, e por camiño de terra acedese a Fontoira, máis alá Liñares e logo o evocador núcleo de Francés.

Outro cruceiro á altura da traxectoria conduce a As Casasnovas e deixando á dereita o actual polígono industrial, estaremos en Vilalba, considerada a capitalidade de A Terra Chá, que conserva o donxón ou torreón de pranta octogonal do Castelo dos Andrade, construción do XV que tivo un destacado papel na guerra dos "irmandiños". Tamén coñecidas estas terras polos seus dólmenes e mámoas repartidos por todo o concello, moitas de cuias pezas se poden admirar no seu Museo Arqueolóxico de Terra Chá, é obrigado para todo visitante, e nos estamos entre eles, degustar en algunha das súas tendas especializadas tanto os seus queixos ou tortas, coma os afamados "capóns" que se comercializan na Feira Grande, a finais de cada ano.

Quieres llevar la ruta contigo? Pincha aquí!pdf icon

ver fotos desta ruta
voltar a 'km0 a Compostela'