Rutas km0 A Compostela


Belesar-Monte Faro
-Camiño Sur a Santiago-


O tramo final do Camiño Sur circunscrito á provincia de Lugo, discorre íntegramente polo concello de Chantada por espazo de algo máis de 16 kms.

Superada a ponte de Belesar, unha forte pendiente en ascenso por "Os Codos", con pavimento empedrado e altos muros de granito, permite ir deixando atrais os lugares de Ponte Hermida, Follotal, Queixeiros e Alemparte.

A tan só catro kms. do comezo chegase á cidade de Chantada, eixo comercial dunha amplia comarca, de grande importancia histórica como o demostra o seu inventario monumental entre cuios edificios figuran San Esteban de Asma, con alberguería a mediados do século XV; San Salvador, tamén coñecido polo Convento, que visitamos ao comezo da nosa etapa, Santa María de Camporramiro, Fornas, Muradelle, Brigos, Mouricios, San Miguel do Monte e tantos outros.

O camiño discorre polo restaurado adoquinado das rúas porticadas chantadinas, e comeza unha suave pendente ata Centulle e Asma, núcleo éste último desde onde emprendemos a marcha, para dirixirse por senda de terra á ermida de San Lucas. Atravesa a planicie de Lucenza por un amurado circuito entre espesa vexetación ,e internase en Vilaseco por pista de terra de servizo a fincas que nos conduce a Penasillás, núcleo pintoresco con capela na praza central, ideal para repoñer forzas antes da pronunciada ascensión ao Monte Faro, a onde nos acederemos en vehículo, cuia Ermita de Nosa Señora, construción do XVIII situada moi cerca do límite provincial e onde se celebra unha multitudinaria romería en devoción á Virxe do Faro, será o colofón ao noso deambular polo Camiño Sur da Provincia de Lugo, deixando á vista as terras de Rodeiro e Lalín como prolegómeno do destino ante a Tumba do Apóstolo na Catedral de Santiago.

Quieres llevar la ruta contigo? Pincha aquí!pdf icon

ver fotos desta ruta
voltar a 'km0 a Compostela'