Que é 'km0.Deputación de Lugo'?

‘km0. Deputación de Lugo’ é un ambicioso programa que reivindica o papel da Deputación e os recursos e valores desta provincia, facendo fincapé nas Reservas da Biosfera, fomentando o coñecemento da mesma entre os seus habitantes e potenciando a autoestima e orgullo de ser lucense.

‘km0. Deputación de Lugo’ aposta polo desenvolvemento conxunto da provincia de forma que o norte non medrará de espaldas ao sur e viceversa.

Con ‘km0. Deputación de Lugo’ poñemos en marcha un programa de visitas institucionais á sede do Pazo Provincial que inclúe o coñecemento dos organismos dependentes desta entidade, así como os lugares que fan única esta provincia. A Deputación e a provincia de Lugo deixarán de ser unhas descoñecidas para os seus habitantes.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player