El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Novas

26 de Xuño de 2012

Preto de 300 lucenses redescubrirán esta semana a riqueza natural e cultural da provincia nas rutas de Km0

Os seis itinerarios programados para entre hoxe e o xoves discorrerán pola Zona Sur, A Mariña, A Montaña e Terra Chá.

O Deputado de Economía do Coñecemento recibiu este martes a un grupo de 48 integrantes da Asociación de Amas de Casa focense, e a outros 48 membros da Escola de Música de Sober, que gozaron de rutas por Láncara e Foz, respectivamente.

Preto de 300 lucenses redescubrirán nas rutas de Km0 da Deputación programadas para esta última semana de xuño a riqueza natural e cultural da provincia, así como os seus recursos socioeconómicos, contribuíndo deste xeito a dinamizar a economía local. Os seis itinerarios organizados para entre hoxe e o xoves discorrerán pola Zona Sur, A Mariña, A Montaña e Terra Chá.


O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, recibiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ós dous grupos que abriron a programación desta semana: 48 integrantes da Asociación de Amas de Casa de Foz e 48 membros da Escola de Música de Sober, que gozaron de rutas por Láncara e Foz, respectivamente. Á saída do Pazo provincial, o colectivo focense continuou o itinerario cun paseo polas inmediacións do Río Miño, a ponte de Carracedo, o campo da festa de Vilarmosteiro e San Facundo. Os participantes comeron no restaurante Casa Grande de Láncara e visitaron a confitería Maceda. Polo que respecta ó grupo soberino, tralo percorrido por San Marcos, coñeceu a olería de Bonxe e comeu no restaurante O Lar de Foz para logo dar un paseo polas praias de Llas, A Rapadoira, Altar e Arealonga, así como polo porto da vila mariñana.


A programación continuará mañá mércores con rutas por A Ulloa e O Courel, das que gozarán, respectivamente, 48 persoas anotadas en Km0 de xeito individual e outras 48 da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do colexio Lois Tobío de Viveiro. O primeiro grupo achegarase ó Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación e logo desprazarase ó conxunto de Santa María de Amarante, comerá no restaurante Parada das Bestas de Pidre e fará un tramo da ruta de sendeirismo por Torrentes do Ulla. Pola súa banda, o itinerario solicitado pola ANPA do Lois Tobío inclúe paradas na Fundación TIC, dependente do organismo provincial, nos castros do Vilar e da Torre, e na aldea de Seceda. A comida terá lugar no Campamento O Courel.


As rutas da semana concluirán o xoves e terán como destino Cervantes e Guitiriz. No primeiro caso, foi demandada por 48 integrantes da Asociación de Veciños de Castromaior, de Abadín, e consiste nunha visita ó CENTRAD, unha comida no hostal Piornedo e percorridos por Piornedo, a palloza do Sesto e a igrexa de Donís. En canto á ruta de Guitiriz, 55 membros da ANPA do colexio alfocense Castro de Ouro achegaranse á Fundación TIC, darán un paseo polos xardíns do balneario guitiricense e a fonte, comerán no restaurante La Casilla, farán un tramo dunha ruta de sendeirismo, coñecerán o reloxio analemático e visitarán a Panadería La Esquina.


Como inscribirseTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




19 de Xuño de 2012

As rutas de Km0 dinamizarán esta semana a actividade hostaleira e comercial de Ribadeo, Palas, Guntín, Cervantes, Guitiriz e Sober

imaxen nova

Preto de 300 persoas, entre membros de asociacións e particulares, participarán nos seis itinerarios programados para esta semana

A Deputada de Medio Ambiente recibiu hoxe a un grupo da asociación cultural Virxe do Camiño de Vilalba e a outros 48 veciños de Ribas de Sil, que fixeron os itinerarios As Catedrais, e Palas e Guntín, respectivamente

As seis rutas do programa Km0 da Deputación organizadas para esta semana dinamizarán a actividade hostaleira e comercial dos Concellos de Ribadeo, Palas de Rei, Guntín, Cervantes, Guitiriz e Sober, pois os preto de 300 participantes, entre membros de asociacións e particulares, pararán a repoñer forzas nos restaurantes e visitarán establecementos comerciais das localidades polas que discorrerán os itinerarios.


A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, recibiu este martes no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos da semana: 48 membros da asociación cultural Virxe do Camiño de Vilalba, que fixeron a ruta As Catedrais, e outros 48 veciños do Concello de Ribas de Sil, que realizaron a de Palas e Guntín. O colectivo vilalbés, trala recepción no Pazo provincial, visitou o mazo de Santa Comba e, xa en Ribadeo, comeu no restaurante As Catedrais para percorrer pola tarde a praia do mesmo nome, declarada Monumento Natural, e o areal dos Castros, as cetáreas de Rinlo e o aeródromo de Vilaframil. En canto ós veciños de Ribas de Sil, ó saír da Deputación, coñeceron a olería de Bonxe, o castelo de Pambre, Vilar de Donas, unha queixería e o Mosteiro de Ferreira de Pallares. A comida tivo lugar no restaurante Parada das Bestas, de Pidre.


Mañá mércores haberá outras dúas rutas: unha por Piornedo, que demandaron 48 membros do Club Cultural Valle Inclán de Lugo, e outra por Guitiriz, solicitada pola delegación lucense de ASPANANE (Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais) para 55 dos seus usuarios e familias. No primeiro caso, visitarán o Centro de Interpretación de Santa Isabel, comerán no hostal Piornedo e coñecerán a palloza do Sesto e o seu entorno, ademais da igrexa de Donís. No segundo caso, o grupo de ASPANANE achegarase ás instalacións da Fundación TIC, ós xardíns do balneario de Guitiriz e á súa fonte, ó reloxo analemático e á panadería La Esquina, farán a Ruta da Auga e comerán no restaurante La Casilla.


A programación desta terceira semana de xuño rematará o xoves con dous itinerarios por Sober, do que gozarán 48 compañeiros da promoción do 66 de Maxisterio de Lugo e outros 48 membros da Coral Polifónica de Palas de Rei. O primeiro grupo visitará o mazo de Santa Comba e comerá na bodega Ribeira Sacra para facer logo unha travesía pola zona de Amandi. O segundo grupo achegarase ó Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación, comerá no restaurante JM de Monforte e logo embargará tamén en catamarán para gozar dunha travesía por Amandi.


Inscrición rápida e sinxelaTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




12 de Xuño de 2012

Preto de 280 lucenses participarán esta semana en rutas pola Zona Sur, A Mariña e A Montaña dentro do programa Km0

imaxen nova

Un grupo de persoas anotadas de maneira individual, o Concello de Begonte e asociacións de Lugo, Foz, Cospeito e Monforte demandaron os itinerarios, contribuíndo a dinamizar a actividade dos pequenos negocios, sobre todo do ramo da hostalería

A Vicepresidenta Segunda recibiu hoxe a 16 veciños da provincia inscritos de xeito particular e a 48 integrantes da Asociación de Amas de Casa Avantar de Lugo, que viaxaron ó Incio e Xove, respectivamente

Preto de 280 veciños da provincia participarán nas seis rutas organizadas dentro do programa medioambiental Km0 da Deputación para esta semana, contribuíndo deste xeito a dinamizar a actividade dos pequenos negocios, sobre todo do ramo da hostalería, pero tamén do comercial. Un grupo de persoas anotadas de maneira individual, o Concello de Begonte e asociacións de Lugo, Foz, Cospeito e Monforte demandaron os itinerarios, que terán como destino as comarcas da Zona Sur, A Mariña e A Montaña.


A programación desta semana arrancou este martes con dúas rutas polo Incio e Xove, das que gozaron un grupo de 16 persoas anotadas na iniciativa a nivel particular e outro de 48 integrantes da Asociación de Amas de Casa Avantar de Lugo, respectivamente. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu a ámbolos dous colectivos no Salón de Actos de San Marcos. Tras este encontro, o primeiro grupo visitou o mazo de Santa Comba e, xa no Incio, percorreu a ruta do Ferro. A comida tivo lugar na Casa de Turismo Rural A Cabaza. Pola súa banda, a asociación de amas de casa Avantar, logo de estar no Pazo provincial, desprazouse ó centro de interpretación Terras do Miño, no Paseo do Rato, comeu no restaurante vivariense Louzao e paseou polas praias de Area, Muiñelo e Portonovo, fixo a pé o percorrido entre Vilachá e Punta Roncadoira, e coñeceu o peirao de Portocelo e os acantilados do cabo de Morás.


Mañá mércores haberá dúas rutas: unha por Ribadeo, solicitada polo Concello de Begonte, e outra por Pedrafita do Cebreiro, que demandou a Asociación de Veciños de San Julián de Cordido, de Foz. Deste xeito, 55 begontinos visitarán a olería de Bonxe e logo desprazaranse á vila ribadense para comer no restaurante Voar, facer unha travesía en lancha pola ría e pasear polo casco histórico, cunha parada no Convento das Clarisas. Pola outra banda, 55 focenses coñecerán as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación, comerán no restaurante San Girald de Aullirac, farán un treito do Camiño de Santiago ó seu paso por Pedrafita e visitarán a igrexa de Santa María la Real, unha palloza e o monte da Cruz.


O programa conclúe o xoves cunha ruta en catamarán por Amandi e outra por Illa Pancha, en Ribadeo. No primeiro caso, foi solicitada pola Asociación de Veciños de Xustás, en Cospeito. 48 integrantes do colectivo visitarán o CENTRAD, gozarán dunha degustación na adega Algueira de Sober e dunha comida no restaurante do mesmo nome e seguidamente, dunha travesía en catamarán pola zona de Amandi. Por outro lado, 48 membros da Asociación de Veciños A Xuntanza de Monforte desprazaranse ás instalacións da Fundación TIC e, xa en Ribadeo, comerán no restaurante O Cabazo, e visitarán Illa Pancha, o forte de San Damián, O Cargadoiro e o casco histórico.


Inscrición rápida e sinxelaTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




5 de Xuño de 2012

O programa Km0 impulsa a actividade de 124 empresas da provincia, que dan emprego directo a unhas 850 persoas

imaxen nova

278 lucenses redescubrirán nas seis rutas desta semana as comarcas da Mariña, A Ulloa, Lugo, a Zona Sur e A Montaña

A Deputada de Deseño e Artesanía recibiu hoxe a un grupo de 55 alumnos do CPR A Milagrosa de Lugo e a outros 55 integrantes da Asociación Mulleres en Igualdade de Sober, que gozaron das rutas Eucaliptal de Chavín e Illa Coelleira, respectivamente

O programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo impulsa a actividade de 124 empresas de sectores estratéxicos da provincia, a maioría delas de hostalería, pero tamén firmas agroalimentarias, como adegas, queixerías, fabeiros, produtoras de embutidos ou pastelerías, así como artesás e organizacións vinculadas á pesca. Estas firmas colaboradoras co proxecto do organismo provincial dan emprego de maneira directa a unhas 850 persoas, o que dá boa conta do impacto económico que supón a iniciativa da Deputación, cofinanciada por fondos europeos.


Nas seis rutas programadas para esta semana participarán un total de 278 persoas, que redescubrirán as comarcas da Mariña, A Ulloa, Lugo, Zona Sur e A Montaña. A Deputada de Deseño a Artesanía, Regina Polín, recibiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos: 55 alumnos do CPR A Milagrosa de Lugo e outros 55 integrantes da Asociación Mulleres en Igualdade de Sober, que fixeron as rutas Eucaliptos de Chavín e Illa Coelleira, respectivamente. No caso dos estudantes, trala recepción, visitaron as instalacións da Fundación TIC, dependente da Deputación, e xa en Viveiro comeron no restaurante Val do Naseiro e coñeceron os eucaliptais de Chavín, casas indianas, o mosteiro de Valdeflores e o miradoiro de San Roque. Pola súa banda, o colectivo de Sober achegouse á insua de Burneiros e Fervenza, comeu no restaurante Area Grande do Vicedo e desprazouse á ponte do Ferro, á praia de Arealonga e ó porto do Vicedo, ademais de gozar de vistas do faro de Estaca de Bares e da Illa Coelleira.


Para mañá mércores están previstos dous novos itinerarios, neste caso por Palas e Guntín, que farán 24 usuarios do centro de convivencia da Milagrosa, en Lugo, e por Sober, do que gozarán 48 alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, tamén da capital lucense. No primeiro caso, iniciarán o percorrido no Centro de Interpretación de Terras do Miño, no paseo lucense do Rato, e continuarán no Castelo de Pambre, Vilar de Donas e o Mosteiro de Ferreira de Pallares. A comida terá lugar no restaurante Parada das Bestas de Pidre. En canto ós estudantes, desprazaranse ó mazo de Santa Comba, comerán na Cantina de Doade e logo embarcarán en catamarán para facer un paseo pola zona de Amandi.


O xoves termina a programación desta semana cunha ruta por Ribadeo e outra por Negueira de Muñiz, solicitada pola delegación lucense de Aspnais (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual) e pola Asociación de Veciños de Cela, no Corgo, respectivamente. Os usuarios e familias de Aspnais, en total 48 persoas, coñecerán a olería de Bonxe, comerán no restaurante ribadense O Cabazo e darán un paseo por Illa Pancha e o casco histórico de Ribadeo. Mentres, 48 integrantes da asociación veciñal do Corgo coñecerán as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) de Lugo, comerán en Casa Sara da Fonsagrada e achegaranse ó encoro Salime-Negueira e ó museo comarcal.


Inscrición rápida e sinxelaTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




24 de Abril de 2012

110 rapaces de Riotorto e Lugo inauguran a programación de Km0 desta semana con dúas rutas pola Mariña

imaxen nova

A Deputada de Medio Ambiente recibiu a 55 alumnos do CEIP de Riotorto e a outros 55 estudantes do IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes, que coñeceron os eucaliptais de Chavín, en Viveiro, e o porto burelés, respectivamente.

Con estes dous grupos, son xa máis de 1.600 rapaces da provincia os que participaron no programa medioambiental da Deputación dende xaneiro do pasado ano, o que demostra o interese que esperta a iniciativa como recurso didáctico.

Dous grupos de estudantes de Riotorto e Lugo, en total 110 rapaces de entre 6 e 18 anos de idade, inauguraron este martes a programación de Km0 desta última semana de abril con dúas rutas pola comarca da Mariña. Con estes colectivos, son xa máis de 1.600 rapaces da provincia dunha trintena de centros educativos os que participaron no proxecto medioambiental da Deputación dende xaneiro do pasado ano, o que demostra o interese que esperta a iniciativa entre os colexios e institutos como recurso didáctico para amosar ós alumnos os valores do patrimonio cultural e natural de Lugo, así como as características do seu tecido socioeconómico.


A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, foi a encargada de recibir no Salón de Actos de San Marcos ós estudantes de hoxe: 55 do CEIP de Riotorto e 55 do IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes. Os escolares riotortenses coñeceron despois as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación e, xa en Viveiro, comeron no restaurante Val do Naseiro e visitaron os eucaliptais de Chavín, o mosteiro de Valdeflores e o miradoiro de San Roque. Pola súa banda, os mozos de Lugo achegáronse á Fundación TIC para viaxar logo a Burela, onde comeron no restaurante Palacio de Cristal e percorreron o porto: as dependencias da lonxa, o barco museo Reina del Carmen e a nave das redeiras.


O programa de rutas continuará mañá mércores e o xoves, con 4 rutas máis polo Cebreiro e e a Zona Sur, das que gozarán 175 lucenses. Deste xeito, mañá, 55 integrantes da Asociación de Veciños Santa Lucía de Abadín desprazaranse ás instalacións da Fundación TIC, comerán no restaurante Girald de Aullirac de Pedrafita, farán unha ruta a pé ata o primeiro fito do Camiño de Santiago, subirán ó monte da Cruz e visitarán a igrexa de Santa María la Real e a Palloza do Cebreiro. Tamén o mércores, 48 persoas anotadas en Km0 de xeito individual, tras unha visita ó mazo de Santa Comba, viaxarán ó Courel, onde comerán no CTR Ferreiro e percorrerán a ruta de sendeirismo de Devesa de Rogueira.


O xoves, cando rematan as rutas da semana, 48 membros da Asociación Provincial Amas de Casa Lucus achegaranse ó mazo de Santa Comba para, xa en Sober, gozar dunha degustación na adega Algueira, comer no restaurante do mesmo nome, e realizar un percorrido en catamarán dende o núcleo de Doade. Pola súa banda, 24 internos do Centro Penitenciario de Bonxe coñecerán as instalacións da Fundación TIC e, no Courel, os castros de Vilar e A Torre, e a aldea de Seceda. A comida terá lugar no CTR Ferreiro.


Inscrición rápida e sinxelaTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




17 de Abril de 2012

240 lucenses redescobren esta semana as comarcas da Zona Sur e A Mariña grazas ás rutas de Km0

imaxen nova

Sober, O Incio, Portomarín, Viveiro e Ribadeo son os destinos da programación que se desenvolverá entre hoxe e o xoves.

Díaz Valiño recibiu a 30 integrantes do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei e a 24 lucenses anotados de xeito individual, que fixeron os itinerarios Adegas e Miradoiros, e Catro Cabaleiros, respectivamente.

As rutas do programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo contan esta semana con 240 participantes, que redescubrirán o patrimonio paisaxístico e monumental, así como as características socioeconómicas das comarcas da Zona Sur e A Mariña grazas ás seis rutas organizadas, unha delas con actividades multiaventura. Sober, O Incio, Portomarín, Viveiro e Ribadeo son os destinos dos itinerarios, que servirán ademais para dinamizar a actividade hostaleira e artesá destas cinco localidades lucenses, contribuíndo a desestacionalizar as visitas.


Un grupo de 30 integrantes do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei e 24 lucenses anotados de maneira individual inauguraron hoxe a programación realizando as rutas Adegas e Miradoiros, e Catro Cabaleiros, respectivamente. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu ós dous colectivos no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Os veciños de Castro de Rei coñeceron despois as instalacións da Fundación TIC e, xa en Sober, gozaron dunha degustación na Adega Algueira e dunha comida no restaurante do mesmo nome. Logo realizaron parte da ruta de Pena do Castelo e visitaron o Santuario de Cadeiras e un obradoiro de olería de Gundivós. Pola súa banda, os lucenses inscritos de xeito individual achegáronse ó embalse de Vilasouto, comeron no restaurante o Cabazo do Incio e fixeron parte da ruta de Catro Cabaleiros.


Mañá mércores, 55 membros da Asociación Cultural de Veciños de San Juan do Campo, de Lugo, e outros 55 integrantes do colectivo veciñal Laxe Blanca do Corgo viaxarán á Mariña. No caso da agrupación lucense, a ruta será por Viveiro. Deste xeito, tras unha visita á Fundación TIC, comerán no restaurante Val do Naseiro para coñecer despois o eucaliptal de Chavín, o convento de Valdeflores e o miradoiro de San Roque. O colectivo do Corgo, pola súa parte, tras visitalo Pozo do Ollo, desprazarase a Ribadeo, onde comerá no restaurante Marinero, fará unha travesía pola ría en lancha e percorrerá o casco histórico e o convento das Clarisas.


O programa da semana rematará o xoves con dous itinerarios por Portomarín, do que gozarán 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais O Chao de Ribeira de Piquín, e por Ribadeo, que farán 24 usuarios da delegación lucense da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES). No caso do grupo de Ribeira de Piquín achegaranse ata o Centro de Interpretación Terras do Miño, no paseo lucense do Rato, e logo pasearán polo Cub Náutico, e visitarán as igrexas de San Pedro e San Juan, o casco histórico e a panadería La Piña. A comida terá lugar no restaurante portomarinense Pousada. Os usuarios de FEAFES, tras coñecelas dependencias da Fundación TIC, gozarán dunha xornada de multiaventura na vila ribadense, onde comerán no restaurante La Solana.


Inscrición rápida e sinxelaTodos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).


A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.




15 de Novembro de 2011

O programa KM0 leva ós participantes desta semana a redescubrir a importancia da auga nos Concellos do interior e da Mariña lucense

imaxen nova

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu este martes a 96 participantes nas rutas de KM0, que continúa a colleitar éxitos semana tras semana.

As visitas desta semana levarán ós participantes a coñecer a importancia do mar e das augas fluviais nos Concellos de Sober, Ribadeo, Cervo e Portomarín.

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu este martes ós dous colectivos que escolleron esta xornada para percorrer varios recunchos da provincia. O KM0 continúa acadando, semana tras semana, os seus obxectivos de poñer en valor os potenciais turísticos dos Concellos lucenses como factores de dinamización social e económica, contribuíndo á súa conservación, así como o de manter 300 postos de traballo ó longo da provincia. En particular, as visitas desta semana redescubrirán ós participantes nas rutas a importancia que para o desenvolvemento económico de moitos Concellos da provincia tiveron sempre as súas augas: tanto o mar, coma é o caso de Ribadeo e Cervo, coma os ríos, nos Concellos de Portomarín e Sober.


Un destes dous grupos, 48 integrantes da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pol decidíronse pola visita á Illa Pancha, que os levou a admirar a que é unha das máis fermosas illas que salpican a costa mariñana, para logo facer unha ruta ata o casco histórico para coñecer o Castelo de San Damián, mostra da arquitectura militar do século XVII no Concello. Tras esta visita, achegáronse ata o conxunto do Cargadoiro.


Pola súa banda, outros 48 membros da Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde" viaxaron ata terras de Sober para coñecer a actividade de dúas das numerosas adegas da zona, as Algueira e as Proencia, onde puideron degustar os caldos e os produtos gastronómicos máis típicos das ribeiras do Sil. Tras repoñer forzas puxéronse en marcha cara os miradoiros de Pena do Castelo e o de Cadeiras, onde puideron visitar o famoso Santuario soberino do século XVIII.


Xa o mércores, a Asociación de San Martiño do Pino, de Cospeito, tamén se dirixirá ata o mesmo Concello, aínda que, neste caso, 48 dos seus asociados optaron por facer unha ruta en catamarán dende os Chancís para gozar coas vistas que ofrecen as ribeiras do Sil dende as súas augas. Despois de percorrer o conxunto etnográfico dos muíños do Xábrega, que en tempos albergaron una intensa actividade, dirixiranse ata a Igrexa de Proendos, rematando o día cunha degustación nas Adegas Proencia


Tamén será a quenda de 48 viaxeiros da Asociación Veciñal de Ribas Pequenas, de Bóveda, que farán unha ruta polo Concello de Ribadeo; darán un agradable paseo polas Praias das Catedrais e dos Castros e achegarse despois cara Rinlo para saber un pouco máis da actividade das cetáreas, así como da do aeródromo de Villaframil.


O xoves, o Concello de Cervo acollerá a visita de 55 membros da Asociación de Veciños de Ribasaltas, de Monforte, que poderán percorrer as instalacións da Fábrica e a antiga Casa da Administración de Sargadelos e logo camiñar admirando a natureza que enmarca o Paseo dos Namorados. Rematarán a xornada cunha visita á localidade de San Ciprián.


Finalmente, 40 integrantes da Asociación de Amas de Casa de Bretoña, da Pastoriza, poderá pasar o día no Concello de Portomarín, onde darán un paseo ata o Náutico, descubrirán as riquezas das Igrexas de San Pedro e San Nicolás, así como a Capela das Neves, situada no alto da ponte do mesmo nome, para finalmente degustar a típica tarta da localidade no establecemento de "La Piña".




8 de Novembro de 2011

Seis colectivos de escolares, veciñais e deportivos redescubrirán esta semana a Costa, A Montaña e a Ribeira Sacra co km0

imaxen nova

Preto de 300 persoas participarán nas rutas do programa medioambiental da Deputación, que inclúe actividades adaptadas a tódalas idades.

Dous grupos de rapaces, un do CEIP de Currelos, do Saviñao, e outro do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, visitaron o Concello ribadense e o de Lugo, respectivamente.

Preto de 300 persoas de seis colectivos de escolares, veciñais e deportivos da provincia redescubrirán esta semana A Mariña, A Montaña e a Ribeira Sacra grazas ás actividades organizadas no marco do programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo. As rutas foron inauguradas este martes por dous grupos de rapaces, o que é boa proba de que o Km0 ten actividades adaptadas a calquera público, dende rapaces en idade escolar ata colectivos de máis idade.


No primeiro caso, 24 rapaces do CEIP de Currelos, do Saviñao, viaxaron ata a Costa, en concreto, ata o Concello de Ribadeo. Antes de partir cara a Mariña, achegáronse ata a localidade de Bonxe para coñecer o proceso de fabricación da súa famosa oleiría. Xa no Concello ribadense e tras repoñer forzas, puideron coñecer o entorno da ría grazas a unha travesía en barco, e dar unha volta polas rúas do casco histórico da localidade, a onde chegaron empregando o ascensor panorámico que conecta estes dous puntos da localidade mariñana. Finalmente, visitaron o convento das Clarisas, onde degustaron os produtos do seu obradoiro.


Pola súa banda, 30 alumnos do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo visitaron o Concello de Lugo. Coñeceron en primeiro lugar o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), tras o que se achegaron ó contorno do río Rato para gozar dun agradable paseo polas súas ribeiras, repoñer forzas cun xantar e ver in situ como as materias primas da zona se transforman en variadas labores de cestaría. Xa pola tarde visitaron a Catedral, tras o que deron unha volta polo adarve da Muralla e visitaron o seu centro de interpretación. Finalmente, atenderon ás explicacións sobre o pasado romano de Lugo na Casa dos Mosaicos.


Mañá mércores será a quenda da Asociación "O Castiñeiro" de Lamas de Prado, de Lugo, e dun grupo do Concello de A Fonsagrada. Os 55 membros da asociación lucense achegaranse ata o Cebreiro, onde coñecerán un tramo do Camiño Francés grazas á ruta de sendeirismo que o percorre; visitarán o museo etnolóxico que ocupa unha das pallozas conservadas e a igrexa prerrománica de Santa María la Real e finalmente subirán ata a Cruz de Ferro. Os 48 fonsagradinos viaxarán ata o Concello de Sober para visitar Adegas Algueira, unha das numerosas existentes en Amandi, e na que poderán degustar algúns dos seus produtos. Xa pola tarde, e tras embarcar en Doade, navegarán polas augas do Sil ata Pena do Castelo.


Na última xornada da semana, o xoves, 55 membros da Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, e outros 55 lucenses da Asociación Deportiva Castelo Rato visitarán o Concello de Viveiro. Durante a súa visita, o primeiro grupo será testemuña da actividade da Lonxa de Celeiro e admirará algunha das postais máis típicas deste Concello, coas vistas que se poden ver dende o monte de San Roque ou cun paseo pola praia de Covas. Finalmente achegaranse a visitar o obradoiro do artesán Otero Regal, recentemente agasallado co Premio Nacional de Artesanía, ó igual que o colectivo lucense, aínda que este comezará a súa visita cun percorrido polo casco histórico da localidade mariñana, achegándose á Igrexa de Santa María do Campo ou ós resto da Muralla coa Porta de Carlos V.


Rutas para todos os públicosO programa medioambiental Km0, con 127 rutas, foi posto en marcha pola Deputación Provincial co apoio da Unión Europea co fin de levar novos ingresos ós municipios lucenses con visitas guiadas que ofrecen a posibilidade de redescubrir as riquezas da provincia segundo as preferencias dos solicitantes. Tendo en conta esta diversidade, ofrécense tres modalidades de Km0: Km0 tradicional, con 88 rutas polas comarcas da provincia; Km0 Xtreme, que ofrece 25 alternativas de multiaventura e deporte; e Km0 a Compostela, que promociona as rutas do Camiño ao seu paso pola provincia.


Todos os interesados en participar poden inscribirse chamando ós teléfonos 982-260-074 ou 982-260-075, ou ben entrando en www.deputacionlugo.org e accedendo ó espazo Km0 dende a portada, onde deberán cubrir o corresponde formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. O prezo é de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e solicitantes individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas (agás colexios e institutos públicos, exentos de pago). Hai 3 modalidades de pago: en persoa, no servizo de Tesourería da Deputación (Pazo de San Marcos), en calquera sucursal de Novacaixagalicia (no número de conta 20800152663110001425) ou a través da páxina web da Deputación, modalidade que supón un desconto do 10% do custo total.




2 de Novembro de 2011

O programa Km0 pon en valor a riqueza natural da provincia lucense grazas ó turismo 'verde'

imaxen nova

A Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, recibiu este mércores a 72 participantes nas rutas de Km0, que visitaron os Concellos de Lugo, Monforte de Lemos, Cervantes e Ribadeo.

A iniciativa Km0 continúa dando a coñecer o patrimonio medioambiental lucense, co que se confirma coma un destacado factor de dinamización da economía provincial.

A Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín Rodríguez, recibiu este mércores ós dous colectivos que escolleron dita xornada para percorrer distintos recunchos da provincia e gozar coa riqueza arquitectónica e natural da nosa provincia. Dese xeito, o programa KM0 continúa acadando, semana tras semana, o seu obxectivo de poñer en valor os potenciais turísticos dos Concellos lucenses como factores de dinamización social e económica, ó tempo que contribúe á súa conservación.


Os 24 membros da Asociación de Formación Permanente para Adultos (ATEGAL), de Lugo, decidíronse pola ruta chamada de Vilasouto, que os levou a admirar a insua de Burneiros, unha das numerosas que ofrece este tramo do Miño e que presenta un elevado valor natural e paisaxístico, e a Casa Grande da Fervenza, importante conxunto etnográfico que amosa a intensa relación do home coa auga nesta zona. Tras esta visita ós límites entre o Concello lugués e o do Corgo partiron xa cara Vilasouto para facer unha ruta de sendeirismo. Logo dunha parada estratéxica para coller forzas cun xantar nunha casa de turismo rural, dirixíronse ata o Concello do Incio, onde visitaron a Igrexa do Hospital, onde en tempos se atendía ós peregrinos que acudían a Santiago de Compostela. Logo desta visita, partiron dende a parroquia de Ferrería para percorrer unha ruta de sendeirismo que transcorre entre frondosas fragas.


Pola súa banda, 48 membros da Asociación Veciñal de San Remigio de Bazar achegáronse ata terras de Lemos para coñecer o interesante museo etnográfico que é o Pazo de Tor. Tras esta visita, e xa na capitalidade monfortina, fixeron un percorrido pola historia de ferrocarril en Galicia dentro do Museo adicado este medio de transporte, así como polo agradable paseo que ofrecen os xardíns situados na ribeira do Cabe.


Xa o xoves, 48 Amigos da Feira de Castro de Rei decidíronse a visitar a Montaña lucense, que non só destaca pola súa riqueza natural, senón pola arquitectónica. No Concello de Cervantes, poderán coñecer de primeira man diferentes mostras da arquitectura civil da zona, como o Castelo de Doiras, declarado Ben de Interés Cultural no ano 1994; o castro de Couso e o pazo de Quindós tamén serán obxecto da visita que levará a este colectivo ata o Concello de Cervantes.


O outro colectivo que escolleu a xornada do xoves para participar da programación das rutas do Km0 foi a Asociación Veciñal de Arcos, de Chantada. Os 48 participantes collerán camiño cara a Mariña, achegándose ata o Concello de Ribadeo para coñecer as impresionantes formacións rocosas da praia das Catedrais e a dos Castros. Tamén poderán coñecer as cetáreas de Rinlo, que datan dos primeiros anos do século pasado e que foron construidas grazas ó aproveitamento da entrada que o mar traza nesa zona, e o aeródromo de Villaframil, destinado principalmente á aviación deportiva.




25 de Outubro de 2011

O Km0 continúa dando a coñecer a diversidade da riqueza provincial ós máis de 300 participantes desta semana.

imaxen nova

Os participantes gozarán coas rutas que os levarán por diferentes puntos da provincia, dende A Mariña á Montaña luguesa.

A Deputada de Economía, Pilar García Porto, recibiu hoxe a 48 membros do Centro de Maiores de Caixa Galicia de Monforte de Lemos e a 55 da Asociación veciñal de Benade, que visitaron os municipios de Palas de Rei, Guntín e Cervo.

Grazas o programa Km0, centos de lucenses redescobren cada semana a riqueza que ofrece a provincia. Esta semana, máis de 300 persoas pertencentes a seis colectivos lucenses terán a oportunidade de comprobar a importancia que o patrimonio histórico- artístico, a industria e a pesca teñen dende hai séculos e que contribuíron a poñer a nosa provincia no mapa.


A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu este martes no Pazo Provincial a 48 membros do Centro de Maiores da Obra Social de Caixa Galicia de Monforte de Lemos, que partiron despois cara Bonxe para visitar un obradoiro onde se elabora a súa famosa oleiría e achegarse logo ata o Concello de Palas de Rei, onde gozaron co castelo de Pambre e as fermosas vistas que ofrecen os seus arredores. Xa pola tarde, continuaron o seu percorrido por terras palenses para admirar mostras da arquitectura civil e relixiosa deste Concello, como son o Pazo de Vilane e o Mosteiro de Vilar de Donas, respectivamente. A continuación proseguiron co seu camiño cara o Concello de Guntín, onde se achegaron a visitar outro importante mosteiro, o de Ferreira de Pallares.


A do martes tamén foi a xornada escollida por 55 membros da Asociación de Benade, de Lugo, que se decidiron pola ruta do Paseo dos Namorados, que os levou ata o Concello de Cervo para coñecer as instalacións da fábrica e da antiga Casa da Administración de Sargadelos e percorrer o Paseo dos Namorados, así como as rúas da localidade de San Cibrao.


O mércores será o turno doutros dous colectivos: veciños de Begonte e a Asociación de Valdeflores de Xunqueira, de Viveiro. Os 55 membros do primeiro grupo percorrerán o contorno da Ría de Ribadeo, grazas ó paseo en barco polas súas augas e a visita ó casco histórico da vila mariñana. Os 48 asociados do colectivo viveirense, pola súa banda, vivirán unha xornada na montaña, achegándose ata Piornedo para coñecer a típica palloza e os seus arredores para facer logo unha ruta que os levará ata a parroquia de Donís.


Na terceira xornada serán 48 solicitantes individuais e 55 da Asociación de Veciños de Abadín os que se dirixirán cara Lourenzá os primeiros e A Lonxa de Burela os segundos. En Lourenzá coñecerán os diferentes atractivos que ofrece este Concello, como a morrena de Vilapena, o Mosteiro de San Salvador ou un establecemento de venda da famosa faba de Lourenzá.


Pola súa banda, os veciños de Abadín achegaranse ata a Mariña para coñecer de primeira man o xeito no que se desenvolven parte dos traballos máis representativos da pesca, coa visita que farán ó barco boniteiro e ás redeiras, ademais de vivir a intensa actividade da Lonxa.



18 de Outubro de 2011

A Deputación dinamiza esta semana os sectores turístico e hostaleiro de Sober, Lugo, Ribadeo e Cervo co programa Km0.

imaxen nova

As preto de 300 persoas participantes nas 6 rutas organizadas entre hoxe e o xoves repoñerán forzas en diversos establecementos hostaleiros dos Concellos, contribuíndo así a dinamizar a economía da provincia.

O Presidente recibiu este martes a preto de 100 veciños da Fonsagrada e de Cervo, que percorreron o municipio soberino dentro desta iniciativa coa que a Deputación pon en valor a riqueza medioambiental de Lugo.

Preto de 300 veciños da provincia farán esta semana 6 rutas no marco do programa medioambiental Km0 da Deputación, unha iniciativa que contribúe a dinamizar os sectores turístico e hostaleiro da provincia, pois os participantes, ademais de gozar coa riqueza cultural e patrimonial dos Concellos que visitan, paran a repoñer forzas en diversos establecementos. Nesta ocasión, os itinerarios discorren por Sober, Lugo, Ribadeo e Cervo.


Este martes, 48 membros da Asociación Cultural "O Caxigo" da Fonsagrada, tras ser recibidos polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, no Pazo Provincial e visitar o Centro de Interpretación "Terras do Miño", achegáronse ó Concello de Sober, onde puideron visitar o petroglifo de Xestal e a igrexa románica de Proendos. Pola tarde, continuaron a coñecer o importante patrimonio histórico da zona achegándose ó Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, lugar de romaría e peregrinación de sona. Hoxe tamén se achegaron á localidade soberina 48 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais "As Espalladoras" de Cervo, navegando en catamarán polas ribeiras do Sil e gozando coas impresionantes paredes graníticas da zona. Tras desembarcar, percorreron a pé o mais de medio quilómetro dunha ruta de sendeirismo.


Mañá serán 48 persoas pertencentes á Asociación Artística e Recreativa da Muller Traballadora de Lugo as que se desprazará de novo a Sober, para embarcar en Doade e admirar durante a travesía fluvial os innumerables viñedos que caracterizan a paisaxe da zona. Pola súa banda, 48 persoas da Residencia de Maiores de Burela achegarase a Lugo para coñecer as riquezas que a capital da provincia ofrece ós seus visitantes. Serán testemuñas da actividade da Fundación TIC e do Centro de Interpretación da Muralla, visitarán a Catedral e desprazaranse ata a igrexa de Santa Eulalia de Bóveda. Non faltará tampouco un paseo polo adarve da muralla romana.


O xoves, 55 membros da Asociación de Veciños de Fonteabuín de Sarria, tras visitar o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dirixiranse a Ribadeo. Xa na Mariña coñecerán a actividade do Centro de Cultivos Mariños, situado no porto de Ribadeo, tras o que gozarán dunha ruta en barco pola Ría dende o peirao de Porcillán e dun percorrido polo casco histórico da vila. A Asociación de Veciños de San Cosme de Nete, de Vilalba, tamén se encamiñará cara á costa luguesa, neste caso a Cervo, onde visitarán Sargadelos, tanto as modernas instalacións da fábrica, como a antiga Casa da Administración; percorrerán o Paseo dos Namorados e coñecerán a fermosa poboación de San Cibrao. No caso deste colectivo, os participantes foron tamén 55.


Impulso á economía lucense
As persoas que fan estas rutas non só poderán gozar coa riqueza patrimonial e histórica da provincia, senón que tamén contribuirán á dinamización dos negocios da provincia. Coa iniciativa de Km0, a Deputación contribúe a potenciar o sector turístico e hostaleiro, grazas ás degustacións que se ofrecen durante as xornadas de visitas. Así, este martes ós participantes da asociación "O Caxigo" da Fonsagrada xantaron na "Cantina" de Doade e as Adegas Noguedo ofrecéronlles unha degustación. No caso do colectivo cervense "A Espalladoras", a comida tivo lugar no restaurante "Parada Dos" de Sober.


A ruta do catamarán por Amandi que realizará mañá a Asociación Artística e Recreativa da Muller Traballadora de Lugo levará ás súas integrantes a degustar os produtos das Adegas "Regina Viarum" de Sober. Pola súa banda, os maiores de Burela xantarán no Restaurante "Terras do Miño". Xa o xoves os veciños de Fonteabuín e Nete xantarán nos restaurantes "Cabazo" de Ribadeo e "Castelo" de Cervo, respectivamente.



11 de Outubro de 2011

O programa Km0 difunde esta semana a riqueza natural, cultural e empresarial da Ribeira Sacra, A Mariña e Terra Chá.

imaxen nova

Preto de 200 veciños de Taboada, Viveiro, Carballedo e Sober participan hoxe e o xoves nos roteiros organizados pola Deputación.

O Presidente recibiu este martes no Pazo de San Marcos a 48 integrantes da asociación de xubilados taboadesa e a outros 48 do seminario de estudos vivariense Terra de Viveiro, que coñeceron a historia e o espectacular paisaxe das ribeiras do Sil.

A Ribeira Sacra, A Mariña e Terra Chá son esta semana os destinos do programa medioambiental Km0, co que a Deputación pretende difundir a riqueza e recursos naturais, culturais e empresariais da provincia entre os propios lucenses. Preto de 200 persoas participarán nos roteiros, que se desenvolverán hoxe e o xoves.


A Asociación de Xubilados de Taboada e o Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" foron os encargados de inaugurar as visitas desta semana. Tras ser recibidos polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, os 96 participantes -48 por cada colectivo- visitaron o Centro de Interpretación do Mazo de Santa Comba para despois achegarse a coñecer os Canóns do Sil. Alí puideron coñecer de primeira man algunha das riquezas da zona: as do pasado, percorrendo a ruta dos Muíños do Xábrega (un excepcional conxunto etnográfico que en tempos pasados contou con 28 muíños e 2 batáns), e as do presente, visitando as Adegas Proencia, unha das numerosas establecidas nas ribeiras do Sil e que supoñen unha excelente carta de presentación da nosa provincia en España e no resto do mundo, grazas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra.


Xa o xoves, pois mañá mércores non haberá actividades por o Día do Pilar, 55 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo "A Xuntanza" visitarán o Centro de Interpretación para partir despois cara Ribadeo. Na localidade mariñana poderán comprobar como o mar xera unha parte importante da riqueza lucense na visita que realizarán ó Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, onde se levan a cabo tarefas de reprodución de mariscos, dende o seu inicio ata que a semente acada o tamaño preciso para a súa implantación nas zonas de cultivo. Tamén terán tempo para gozar con fermosas vistas da ría ribadense e do seu casco histórico.


Pola súa banda, 48 membros da Asociación "O Colado do Vento" de Sober percorrerán tamén o xoves unha ruta que os levará dende a capital luguesa ata Rábade, ás Insuas do Miño, un espazo que forma parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. Despois será o momento de comprobar a abundancia dos recursos mineiros da provincia, coa visita que farán á canteira de Lourexe, no concello de Pol, lugar de extracción de pizarra verde natural, a variedade mais adecuada para o seu uso na construción. Tamén terán tempo de coñecer o patrimonio histórico e artístico coa visita ó xacemento castrexo de Viladonga, orixe de numerosos achádegos expostos hoxe en día no Museo Provincial de Lugo, e mais á Capela da Neves, mostra de arquitectura relixiosa do século XVII.


Rutas para todos os públicos
O programa medioambiental Km0, con 127 rutas, foi posto en marcha pola Deputación Provincial co apoio da Unión Europea co fin de levar novos ingresos ós municipios lucenses con visitas guiadas que ofrecen a posibilidade de redescubrir as riquezas da provincia segundo as preferencias dos solicitantes. Tendo en conta esta diversidade, ofrécense tres modalidades de Km0: Km0 tradicional, con 88 rutas polas comarcas da provincia; Km0 Xtreme, que ofrece 25 alternativas de multiaventura e deporte; e Km0 a Compostela, que promociona as rutas do Camiño ao seu paso pola provincia.


Todos os interesados en participar poden inscribirse chamando ós teléfonos 982-260-074 e 982-260-075, ou ben entrando en www.deputacionlugo.org e accedendo ó espazo Km0 dende a portada, onde deberán cubrir o corresponde formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. O prezo é de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e solicitantes individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas (agás colexios e institutos públicos, exentos de pago). Hai 3 modalidades de pago: en persoa, no servizo de Tesourería da Deputación (Pazo de San Marcos), en calquera sucursal de Novacaixagalicia (no número de conta 20800152663110001425) ou a través da páxina web da Deputación, modalidade que supón un desconto do 10% do custo total.



3 de Outubro de 2011

Máis de 200 persoas coñecerán esta semana a Mariña e Portomarín con Km0.

imaxen nova

Valiño recibiu a veciños de Pol e de Becerreá, os primeiros participantes da terceira semana deste programa, cuxa cuarta tempada arrincou o pasado mes de setembro e coa que a Deputación mantén 3.000 postos de traballo na provincia.

As rutas destes días terán lugar hoxe e o xoves, ó celebrarse o mércores día 5 a festividade de San Froilán.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e o Alcalde de Pol, Lino González Dopeso, recibiron este martes a un grupo da Asociación Culuturaal "Monciro" de Pol e a outro do Centro Social de Becerreá dentro do programa medioambiental Km0 que achegará esta semana a catro novos colectivos a diferentes lugares da provincia, confirmando unha semana máis o poder de convocatoria desta iniciativa da Deputación, incluída no programa europeo Lug02.


Tras seren recibidos polo Deputado, a asociación da Terra Chá tivo a oportunidade de coñecer o Concello de Cervo, onde percorreron o "Paseo dos Namorados", que remata nunha fermosa catarata, desfrutando das impresionantes vistas que ofrece, ó tempo que descubriron a fábrica de Sargadelos, todo elo declarado Conxunto Histórico Artístico. Tamén fixeron un percorrido pola localidade mariñana de San Cibrao.


Pola súa banda, os usuarios do Centro Social de Becerreá, redescubriron a variada riqueza que ofrece o Miño, xa que logo de admirar o contorno do río ó seu paso pola capital luguesa na zona dos Robles, desprazáronse ó Concello de Portomarín onde, tras repoñer forzas, pasearon polos arredores do Clube Náutico, visitaron as igrexas de San Pedro e de San Xoán e achegáronse á gastronomía típica da localidade, descubrindo os segredos da fabricación da afamada tarta.


O xoves será a quenda dos membros da Asociación Cultural "Os Malugreiros" de Baralla, que accederán pola ponte cara á Illa Pancha (Ribadeo), onde poderán visitar o fermoso faro, antes de dar un paseo cara ó castelo de San Damián, exemplo único de arquitectura militar, e pasear polo casco histórico da vila de ribadense.


Tamén o casco histórico da localidade mariñana será obxecto da visita da Asociación de Mulleres de Labrada, de Guitiriz que, ese mesmo día, combinarán un paseo en barco pola súa ría, non sen antes coñecer a ribeira do Miño en Lugo, ó seu paso polos Robles.


Lugo para todos os gustos
As 127 rutas que transcorren polos 67 Concellos da provincia co fin de levar novos ingresos á totalidade dos municipios lucenses mediante visitas guiadas, permiten redescubrir as riquezas dos seus recunchos. Tendo en conta a diversidade dos participantes, a Deputación ofrece tres modalidades de Km0: Km0 tradicional, con 88 rutas polas Comarcas da provincia; Km0 Xtreme, que ofrece 25 alternativas de multiaventura e deporte (viaxes en helicóptero, globo, rutas a cabalo, bicicleta de montaña, tiro con arco, escalada, vela, catamarán, kaiak, esquí náutico, surf, windsurf...); e Km0 a Compostela, que máis aló do Ano Santo, promociona as rutas do Camiño ao seu paso pola provincia, incluídos os do Inverno e da Costa.


Todos os interesados en participar poden inscribirse chamando ós teléfonos 982-260-074 e 982-260-075 ou entrando en www.deputacionlugo.org e acceder ó espazo Km0 dende a portada cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. Para efectuar o pago de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e solicitantes individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas (agás colexios e institutos públicos, exentos de pago), os interesados dispoñen de 3 modalidades de pago: en persoa, no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos), en calquera sucursal de Nova Caixa Galicia (co número de conta 20800152663110001425) ou dende a páxina web da Deputación. Os que escollan estea modalidade desfrutarán dun desconto do 10% do custo total.



27 de Setembro 2011

Continúa o éxito do programa Km0 con preto de 300 participantes nas rutas previstas para estes días.

imaxen nova

A Deputación arrancou a semana pasada a 4º edición desta iniciativa incluída en Lug02, a través da que 27.000 persoas xa redescubriron a provincia dende a súa posta en marcha e coa que o organismo provincial mantén uns 3.000 postos de traballo directos e indirectos.

Gómez Besteiro recibe ó Colectivo de Xubilados da Pastoriza e a outro da Asociación "O Noso Lar" de Láncara, quenes visitaron Guitiriz e Ribadeo, respectivamente.

Km0 continúa co éxito acadado nas anteriores tempadas, confirmándose coma dinamizador da economía provincial.

Preto de 300 participantes redescubrirán esta semana a Mariña, a Terra Chá e a Montaña co programa Km0. Deputación de Lugo, que iniciou a semana pasada a súa cuarta tempada e que se inclúe dentro do programa Lug02, un dos tres proxectos do organismo provincial que contou co respaldo da Unión Europea dentro da última convocatoria de fondos, e que permitirá consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo a través de novas iniciativas que se engaden ás xa desenvolvidas. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo do Colectivo de Xubilados da Pastoriza e a outro da Asociación "O Noso Lar" de Láncara, quenes visitaron o Concello de Guitiriz e o de Ribadeo, respectivamente. No primeiro caso logo de coñecer a Deputación e a Fundación TIC, o grupo da Terra Chá percorreu as intalacións do Balneario e do campo de golf do municipio guitiricense, coñeceu o paseo de Sete Muíños e a Igrexa, e descubriu os segredos da fabricación da famosa tarta de millo.


Por outra banda, os integrantes da asociación lancaresa, tras visitar o Centro de Artesanía e Deseño, desprazáronse á Ribadeo para desfrutar das diferentes actividades propostas, como unha travesía en barco pola ría de Ribadeo, un agradable paseo polo seu porto, admirar as vistas dende o ascensor panorámico ou percorrer as rúas do casco histórico da localidade mariñana.


O mércores será o turno dos solicitantes individuais e da Asociación de Vecinos "Santa Cruz de Viana", de Chantada. Os primeiros dirixiranse a Pena Tallada, visitando a Igrexa de Tórbeo antes de comezar unha ruta a pé ata Cubelas e coñecer a Aula Forestal "Os Trollos" de Bóveda. Pola súa banda, a asociación vecinal chantandina achegarase ata a Costa lucense para coñecer as praias das Catedrais e dos Castros, visitar o aeródromo de Villaframil e os castelos de San Damián e Cargadoiro, así como o caso histórico de Ribadeo. Esta ruta das Catedrais será a que realizarán os integrantes da Asociación Cultural "O Paso de San Pedro" de Ribas de Sil o xoves, día 29.


Ese mesmo día, a Asociación "Os Farnagueiros" do Incio visitará a Montaña luguesa, redescubrindo os encantos do Castro de Couso, o pazo de Quindós ou o castelo de Doiras, en Cervantes.


127 rutas polos 67 Concellos
Na súa 4º tempada Km0.Deputación de Lugo mantén 127 rutas que transcorren polos 67 Concellos da provincia co fin de levar novos ingresos á totalidade dos municipios lucenses mediante visitas guiadas nas que miles de persoas redescobren as riquezas e particulares de cada un deles. Logo do éxito desta iniciativa coa participación de máis de 27.000 persoas dende a súa posta en marcha, contribuíndo ó mantemento de máis de 3.000 postos de traballo directos e indirectos, a institución garante a súa continuidade introducindo a modalidade de pago a un prezo asequible de 5 ou 8 euros. Os colexios e institutos públicos quedan excluídos.


Tendo en conta a súa diversidade, a institución desglosa Km0 en 3 modalidades, garantindo a posta en valor da variedade provincial e a participación de persoas de todas as idades. Estas son as seguintes: Km0 tradicional, con 88 rutas polas Comarcas lucenses; Km0 Xtreme que inclúe 25 alternativas para gozar de Lugo mediante a multiaventura e o deporte (viaxe sen helicóptero, globo, rutas a cabo, bicicleta de montaña, tiro ó arco, escalada, vela, catamarán, kayak, esquí náutico, surf, windsurf...); e Km0 a Compostela, a programación que, máis alá do Ano Santo, promociona todas as rutas do Camiño ó seu paso pola provincia, incluídos os da Costa e do Inverno.


Co fin de poñer en valor a totalidade da provincia, a institución estende Km0 ó vernes, data na que os participantes do Congreso Mundial do Xamón redescubrirán a Ribeira Sacra, visitando o Mosteiro San Vicente do Pino, o Mirador do Duque ou as adegas de viño na zona de Sober.


Todos os interesados en participar na programación medioambiental poden inscribirse chamando ó 982-26-74/75 ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita 3 modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos), nas sucursais de Nova Caixa Galicia (co número de conta 20800152663110001425) ou dende a web da Deputación contando cunha vantaxe: o desconto do 10% do custe total.



20 de Setembro 2011

Besteiro pon en marcha a 4º tempada de Km0.Deputación de Lugo, o programa que mantén 3.000 empregos na provincia

imaxen nova

O Presidente recibe ós primeiros participantes na nova edición desta iniciativa incluída en Lug02, un dos tres proxectos co-financiados nun 70% pola Unión Europea que permitirá consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica da provincia.

350 persoas redescubrirán a provincia esta semana co Km0, engadíndose ás 27.000 que xa o fixeron dende a súa posta en marcha hai 3 anos.

A institución organiza esta semana rutas especiais pola Mariña, Ribeira Sacra e a Montaña para os participantes chegados de todo o mundo na sexta edición do Congreso do Xamón.

O Presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, deu este martes o pistolezo de saída á 4º edición do programa medioambiental Km0.Deputación de Lugo, incluído en Lug02, un dos tres proxectos do organismo provincial que contou co respaldo da Unión Europea dentro da última convocatoria de fondos, e que permitirá consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo a través de novas iniciativas que se engaden ás xa desenvolvidas. Gómez Besteiro, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, e da Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Lugo, Carmen Basadre, recibiu no Pazo de San Marcos ós primeiros participantes na nova tempada desta iniciativa que mantén máis de 3.000 postos de traballo directos e indirectos na provincia. Son os integrantes das asociacións "Os Valuros" de Castro de Rei que farán a ruta das Catedrais e "As Regas" da capital lucense que viaxarán ás Pallozas do Cebreiro.


Xunto a eles, outras 350 persoas participarán durante esta semana en Km0, engadíndose ás 27.000 persoas que xa o fixeron durante os últimos 3 anos e contribuíndo a permanencia de centos de negocios lucenses vinculados ós sectores da hostalería, comercio ou artesanía. Son os establecementos dos proveedores da iniciativa da Deputación: empresarios, comerciantes, artesáns, traballadores de empresas de lecer ou aventura, entre outros.


Deste xeito, o mércores, representantes do clube cultural "Valle Inclán" farán a ruta Taboada Histórica mentres que ducias de participantes no VI Congreso Mundial do Xamón viaxarán á Mariña para visitar a catedral de Mondoñedo, coñecer o traballo dun zoqueiro, así como as instalacións da fábrica de Sargadelos, a praia das Catedrais ou o centro de Ribadeo, ademais de facer unha travesía en barco pola ría ribadense.


Rutas especiais con motivo do Congreso:
E é que a Deputación aproveita a visita a Lugo de centos de persoas chegadas de todo o mundo con motivo da celebración da sexta edición de dito evento gastronómico para, unha vez máis, impulsar ó exterior a riqueza da provincia mediante rutas especiais de Km0 na Mariña, na Montaña luguesa e na Ribeira Sacra.


Por iso, o xoves, ademais do colectivo de veciños do campo en Roupar (Xermade) que fará a ruta Illa Pancha, medio cento de congresistas redescubrirán, nesta ocasión, a Montaña lucense. Acudirán ó Piornedo, á ponte e ó castelo de Altamira, en Navia de Suarna, onde tamén coñecerán a riqueza dos produtos da zona. De camiño, visitarán o Mosteiro de Samos, o Camiño Francés ou a igrexa Santa María A Real.


Co fin de poñer en valor a totalidade da provincia, a institución estende Km0 ó vernes, data na que os participantes do Congreso Mundial do Xamón redescubrirán a Ribeira Sacra, visitando o Mosteiro San Vicente do Pino, o Mirador do Duque ou as adegas de viño na zona de Sober.


Inscríbete:
Na súa 4º tempada Km0.Deputación de Lugo mantén 127 rutas que transcorren polos 67 Concellos da provincia co fin de levar novos ingresos á totalidade dos municipios lucenses mediante visitas guiadas nas que miles de persoas redescobren as riquezas e particulares de cada un deles. Tendo en conta a súa diversidade, a institución desglosa Km0 en 3 modalidades, garantindo a posta en valor da variedade provincial e a participación de persoas de todas as idades. Estas son as seguintes: Km0 tradicional, con 88 rutas polas Comarcas lucenses; Km0 Xtreme que inclúe 25 alternativas para gozar de Lugo mediante a multiaventura e o deporte (viaxe sen helicóptero, globo, rutas a cabo, bicicleta de montaña, tiro ó arco, escalada, vela, catamarán, kayak, esquí náutico, surf, windsurf...); e Km0 a Compostela, a programación que, máis alá do Ano Santo, promociona todas as rutas do Camiño ó seu paso pola provincia, incluídos os da Costa e do Inverno.


Todos os interesados en participar na programación medioambiental poden inscribirse chamando ó 982-260-074/075 ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita 3 modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos), nas sucursais de Nova Caixa Galicia (co número de conta 20800152663110001425) ou dende a web da Deputación contando cunha vantaxe: o desconto do 10% do custe total.



19 de Setembro de 2011

Arranca o martes a 4º tempada de Km0.Deputación de Lugo co que 27.000 persoas xa redescubriron a provincia convértese no acto institucional de maior convocatoria na historia da Deputación

imaxen nova

Para garantir a continuidade do programa que mantén máis de 3.000 empregos, a institución introduce a modalidade de pago de 5 ou 8 euros agás colexios e institutos públicos. O prezo rebaixarase nun 10% a quen realice o abono on line.

Ofértanse 127 rutas nas modalidades de Km0 tradicional, a Compostela e Xtreme, levando riqueza a totalidade dos Concellos, amosando a diversidade da provincia e garantindo a participación de persoas de todas as idades.

Todos os interesados poden participar chamando ó 982-26-74/75, enviando un correo a km0@deputacionlugo.org ou ben entrando no espazo www.deputacionlugo.org.

Arranca este martes a 4º tempada de Km0.Deputación de Lugo, o programa medioambiental incluído na segunda parte de Lug02, un dos tres proxectos da institución co-financiados nun 70% pola Unión Europea. Logo do éxito desta iniciativa coa participación de máis de 27.000 persoas dende a súa posta en marcha, contribuíndo ó mantemento de máis de 3.000 postos de traballo directos e indirectos, a institución garante a súa continuidade introducindo a modalidade de pago a un prezo asequible de 5 ou 8 euros. Os colexios e institutos públicos quedan excluídos.


A totalidade das persoas que xa tiñan formulado a súa inscrición para participar en Km0 foron informados previamente deste cambio, acollendoo positivamente de xeito unánime. A institución obtivo a mesma resposta por parte dos proveedores de Km0, é dicir, ós autónomos, empresarios, comerciantes, artesáns, traballadores de empresas de lecer ou aventura, etc, ós que esta programación lles ofrece unha nova oportunidade económica, ó contribuír ó mantemento dos seus establecementos.


Km0.Deputación de Lugo mantén 127 rutas que transcorren polos 67 Concellos da provincia co fin de que levar nosos ingresos á totalidade dos municipios lucenses mediante visitas guiadas nas que miles de persoas redescobren as riquezas e particulares de cada un deles. Tendo en conta a súa diversidade, a institución desglosa Km0 en 3 modalidades, garantindo a posta en valor da variedade provincial e a participación de persoas de todas as idades.


Estas son as seguintes: Km0 tradicional, con 88 rutas polas Comarcas lucenses; Km0 Xtreme que inclúe 25 alternativas para gozar de Lugo mediante a multiaventura e o deporte (viaxe sen helicóptero, globo, rutas a cabo, bicicleta de montaña, tiro ó arco, escalada, vela, catamarán, kayak, esquí náutico, surf, windsurf...); e Km0 a Compostela, a programación que, máis alá do Ano Santo, promociona todas as rutas do Camiño ó seu paso pola provincia, incluídos os da Costa e do Inverno.


Km0.Rutas pola Provincia de Lugo é unha nova iniciativa que se enmarca dentro da aposta da Deputación polo medioambiente, a nosa oportunidade económica. Con esta publicación, o organismo provincial busca impulsar a economía de Lugo mediante a promoción do potencial natural dunha provincia avalada pola UNESCO no 55% do seu territorio grazas ás tres Reservas da Biosfera, -Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, e Os Ancares-, que conta con 100 quilómetros de costa e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de España co maior número.


Como inscribirse:
A partir do vindeiro martes, todos os interesados en participar na programación medioambiental poden inscribirse chamando ó 982-26-00-74/75 ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita 3 modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos), nas sucursais de Nova Caixa Galicia (co número de conta 20800152663110001425) ou dende a web da Deputación contando cunha vantaxe: o desconto do 10% do custe total.


Curiosidades de Km0:

O rotundo éxito de Km0 queda plasmado ademais, nas experiencias particulares que viviron os participantes. Houbo lucenses que viron por 1º vez o mar ou determinadas zonas da montaña como O Piornedo. As visitas foron solicitadas por distintos colectivos e veciños. Por exemplo, un grupo de monxas que, por un día, deixaron de cumprir coas súas obrigas relixiosos. Tamén atraeu o interese dunha gran cantidade de persoas maiores, que mesmo se animaron a tomar parte na modalidade Km0 Xtreme e facer unha ruta en helicóptero, como foi o caso dunha anciá de 90 anos.


En canto ó colectivo da terceira idade, o proxecto da Deputación cumpriu unha importante labor para favorecer o envellecemento activo e evitar o illamento dos anciáns. De feito, houbo moitos maiores participantes que recoñeceron que as saídas de Km0 foron as únicas ou unhas das poucas que fixeron a fóra do seu pobo ó longo de toda a súa vida. Tamén deron lugar a unha historia de amor entre dous lucenses, que se coñeceron durante unha ruta e hoxe están vivindo xuntos. Por outra banda, a afluencia de visitantes xerada polo proxecto de rutas deu pé á constitución de varias empresas, como a das redeiras de Burela.


Os destinos máis solicitados ó longo destes tres anos de traxectoria foron A Mariña e a Ribeira Sacra, que recibiron un total 6.000 e 10.000 visitantes, respectivamente. A praia ribadense das Catedrais, declarada Monumento Natural; Illa Pancha, tamén en Ribadeo; as Covas do Rei Cintolo de Mondoñedo; o eucaliptal de Chavín, en Viveiro; os canóns do Sil e do Miño; Belesar; Os Peares; a praia fluvial e a igrexa de A Cova, en O Saviñao; ou o miradoiro do Cabo do Mundo, foron algúns dos lugares que máis sorprenderon e gustaron dentro desas dúas comarcas, xunto a outros do resto da provincia, como, por exemplo, os torrentes do Ulla, o mosteiro de Samos, as ruínas de Caldaloba, o Museo Arqueolóxico de Vilalba ou os paisaxes de Negueira de Muñiz.