El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Saludo del presidente


'km0. Deputación de Lugo' simboliza o punto de partida dunha apaixoante viaxe para redescubrir a nosa provincia, facendo fincapé nas Reservas da Biosfera.

Cando deseñamos este programa, pioneiro en España e avalado pola Unión Europea, tiñamos tres desexos: que vostedes se sentisen orgullosos de ser lucenses; impulsar a economía e o comercio local; e que coñecesen o traballo da Deputación de Lugo. Creo que, grazas a vostedes, o estamos conseguindo.

A provincia de Lugo, a Cincenta galega, deixou abraiados ós que xa podemos considerar como miles de amigos do Km0. Deputación de Lugo, un clube que non deixa de medrar.

Hoxe temos tres tipos de visitas "km0" con rutas sorprendentes, "km0 Xtreme" de multiaventura e sensacións máis fortes, y "km0 a Compostela" que si adianta á celebración do Xacobeo e pon en valor los 800 kilómetros de Caminos de Santiago que atravesan a nosa provincia.

Superadas todas as expectativas da etapa inicial, desexo que nos queden moitos quilómetros máis por percorrer xuntos.


Vémonos no KmO... non si?

José Ramón Gómez Besteiro

J. Ramón Gómez Besteiro
Presidente da Deputación de Lugo